O volume de vendas de Jealsa-Rianxeira no 2010 rondou os 420 millóns de euros

    balancejealsa.jpgBOIRO> O grupo Jealsa Rianxeira celebrou a tradicional cea de Nadal, na que ademais do consello de administración, participan tódolos seus empregados.

    {flowplayer}barbanza/balancejealsa1.flv{/flowplayer}

    Unhas dúas mil persoas, traballadores e traballadoras das empresas que compoñen Jealsa-Rianxeira, entre elas Jealsa, Escurís, Jealfer, Conresa, Fripusa e Alessa e Proboin, participaron na tradicional cea de nadal que organiza este grupo empresarial. Como é tradición, o consello de administración aproveita este acto para dar conta da marcha de tódalas empresas que integran o grupo Jealsa-Rianxeira, facendo un balance económico do ano. O vicepresidente e conselleiro delegado da firma boiresa, Jesús Manuel Alonso, indicou que Jealsa está situada xa no grupo das doce grandes conserveiras a nivel mundial. Segundo el, o grupo Jealsa-Rianxeira pechará o ano 2010 en positivo, tanto polo número de empregos creados como polo volume de ventas, que podería rondar os 420 millóns de euros, o que supón un incremento de 48 millóns con respecto ó ano pasado.

    Retos 2011

    O vicepresidente de Jealsa-Rianxeira tamén se referiu ós desafíos que afrontará o grupo de cara ó vindeiro ano 2011. Así aludiu, tanto á súa incursión nun sector en alza como é o das enerxías verdes, como á consolidación da firma no mercado americano.

    O encargado de pechar o turno de intervencións foi o propio presidente-fundador de Jealsa-Rianxeira, Jesús Alonso Fernández. Como de costume o seu discurso tivo un marcado carácter político.

    Despois de referirse a dous acontecementos importantes que tiveron lugar este ano, como foron a visita ás instalacións do Bodión da Súa Maxestade El Rei de España, ou a dos secretarios xerais de CC.OO e UXT, que veñen a evidenciar o prestixio deste grupo empresarial, Jesús Alonso cargou contra o actual goberno municipal ó que acusou de ir en contra dos intereses de Jealsa-Riaxeira.

    {flowplayer}barbanza/balancejealsa2.flv{/flowplayer}

    Marcha de Boiro

    Aínda así o máis forte aínda estaba por chegar, ó asegurar que se marchará de Boiro se nas próximas eleccións municipais o bipartito repite mandato.

    Apoio a Dieste

    Antes de rematar e desexarlle unha felices festas a tódolos seus traballadores, Alonso pediu o apoio e a colaboración de todos na campaña para ó candidato do PP boirés, Xoán Xosé Dieste.

    Redacción Barbanza