A proximidade de Fin de Ano eleva o prezo do percebe

    campanapercebe.jpgRIBEIRA> A uns días de Fin de Ano o quilo de percebe na lonxa de Aguiño superou sobradamente os cento cincuenta euros.

    {flowplayer}barbanza/campanapercebe.flv{/flowplayer}

    O balance da campaña do percebe en Aguiño durante o Nadal é bastante positivo. Se ben o tempo non acompañou demasiado e o percebe na zona das Illas non acadou o tamaño de pasadas colleitas, a suba dos prezos nestas últimas semanas axudou a capea-lo temporal.

    Aínda que a valoración é positiva, nada ten que ver cos resultados da anterior campaña navideña na que o prezo do percebe chegou a roldar os 250 euros.

    Agora, unha vez pasadas as festas, as concesións das Illas volveranse pechar ata finais do próximo ano co fin de deixar críar un percebe de calidade, que reporte grandes beneficios, para as vindeiras festas.

    Redacción Barbanza