O complexo da Cachada presenta importantes deficiencias

    deficienciascachada_copia.jpgBOIRO> Na súa maioría os problemas veñen derivados das filtracións de auga que se dan a través da cuberta do edificio.

    {flowplayer}barbanza/deficienciascachada.flv{/flowplayer}

    Dende a súa apertura no ano 2002 o complexo deportivo da Cachada vén padecendo numerosas deficiencias que afectan tanto á súa estrutura coma ós servizos que se prestan nel a diario. Dende a dirección do centro deportivo, sinálanse basicamente dous, os problemas de humidades e filtracións de auga que se dan en todo edificio, así como os problemas de ventilación nos vestiarios nos que existe unha excesiva temperatura. Unha serie de problemas que están a provocar numerosas queixas nos usuarios

    Rápida solución

    A denuncia tamén foi recollida polo voceiro de Iniciativa Cidadá de Boiro, Manuel Velo, que lle reclama ó executivo unha rápida solución a estas deficiencias.

    Redacción Barbanza