O Obradoiro de Hostalería podería pasar a centro de formación regulada

    convenio_colaboracioncopy.jpgPONTEVEDRA> Louzán e Vázquez anuncian a negociación dun futuro acordo para impartir mellor formación nesta materia.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_PRINCIPE_FELIPE.flv{/flowplayer}

    Despois do acordo asinado a semana pasada entre o Presidente da Deputación de Pontevedra e a comisión de veciños en contra da creación dunha Pousada no antigo Sanatorio da Lanzada, hoxe avanzouse no compromiso de manter alí o obradoiro de hostalería.

    Louzán e o Conselleiro de Educación anunciaron a negociación dun futuro acordo para impartir formación regulada nestas instalacións cando a rehabilitación do edificio estea rematada.

    Ademais, ambas entidades asinaron un convenio de colaboración para a prestación do servizo de comedor ó centro de Educación Especial Príncipe Felipe. Un total de trinta e tres alumnos de infantil e primaria poderán gozar deste servizo.

    O convenio terá vixencia durante todo o curso escolar.

    Redacción Salnés