Veciños en pé de guerra contra a apertura dunha discoteca

    reaperturadiscotecapobra.jpgPOBRA> A reapertura da discoteca ‘Gran Vía’ da Pobra durante a noite de fin de ano volveu caldear os ánimos dos veciños.

    {flowplayer}barbanza/reaperturadiscotecapobra.flv{/flowplayer}

    Os veciños das rúas do Xogo da Bola non comezaron con bo pé o ano. Un regueiro de lixo e desperfectos así como a noite en vela son o resultado da apertura da discoteca Gran Vía que permanecía pechada dende o verán. Sen embargo, o concello permitiu que o establecemento abrira as súas portas durante a noite de fin de ano a pesar de que non conta coa licencia pertinente.

    Accións xudiciais

    Os afectados emprenderán medidas legais ante o feito de que se permita funcionar un local que non cumpre con ningún dos requisitos esixidos. Destacan, entre outros, a falta dunha saída de emerxencia, a inspección da instalación eléctrica ou o incumprimento das medidas antiincendios.

    Os residentes entenden que a culpa non debe recaer unicamente sobre o empresario senón sobre as autoridades que conceden a licencia a sabendas de que non se axusta á legalidade.

    Autorización excepcional

    Pola súa banda, dende o concello informaron que se autorizou a apertura excepcionalmente durante a noite de fin de ano para evitar que a mocidade se desprazara a outros concellos co consecuente risco de accidentes.

    Mentres o local non cumpra con tódalas esixencias legais non obterá a licencia aínda que dende o executivo informan que o empresario xa conta cos informes favorables de Industria e Sanidade e só lle resta a realización dalgunhas melloras así como obras de accesibilidade para adaptarse á legalidade.

    Redacción Barbanza