Barbanza confía no Neno trala esquiva sorte de Nadal

    sorteodoneno.jpgBOIRO> O sorteo do Neno supón unha nova oportunidade para aqueles que non conseguiron beliscar un premio no de Nadal.

    {flowplayer}barbanza/sorteodoneno.flv{/flowplayer}

    Os menos madrugadores á hora de mercar lotería aproveitaron a vépera de Reis para adquirir os décimos que lles poden facer millonarios no Sorteo Extraordinario do Neno. O certo é que case ningún número estaba esgotado xa que as vendas non teñen nada que ver co sorteo de Nadal.

    Menos cantidade

    A maioría dos compradores recoñecen que gastan máis no sorteo de decembro aínda que sempre reservan algo para o do Neno para ver se os Reis Magos lles agasallan cun chisquiño de sorte.

    En total repartiranse 840 millóns de euros. Os décimos agraciados co gordo recibirán cada un douscentos mil euros e cen mil para o segundo premio. Haberá outros doce premios de catorce mil euros á serie, así como aproximacións e reintegros.

    Redacción Barbanza