Bo arranque para a campaña de rebaixas de inverno

    REBAIXAS copia100.jpgSALNÉS> Os descontos chegan a superar o 50%, ofertas coas que os comerciantes agardan animar ós compradores a mercar.

    {flowplayer}images/salnes/COMEZO_REBAIXAS.flv{/flowplayer}

    Comercios e rúas ateigados de xente a pesares do mal tempo, a mercadoría disposta e os carteis anunciando importantes descontos nos prezos. Esta é a imaxe que a primeira xornada de rebaixas deixa nos comercios de Vilagarcía.

    A pesares de que o inicio oficial das rebaixas foi hoxe, dende onte a maioría dos escaparates xa anunciaban importantes descontos nos seus artigos.

    Descontos que practicamente non baixan do 25% e que en numerosas ocasións superan o 50%, son as promocións que poderán atopar os compradores na campaña de rebaixas deste inverno. Con este reclamo, os comerciantes agardan liberar stock do outono, e mellorar os pobres resultados de vendas do exercicio do 2010, o peor dende o inicio da crise.

    Segundo unha enquisa realizada pola Federación de Comercio de Pontevedra, cada vilagarcián gastará unha media de 75 euros durante esta campaña. Unha previsión que sitúa o total de gasto en máis de 2,7 millóns de euros.

    Para previr os furtos que con frecuencia se producen nestas épocas, a Policía Nacional establecerá un dispositivo policial especial integrado por axentes uniformados, que ata o final da campaña o vindeiro día 7 de abril, percorrerán as zonas de compras.

    Redacción Salnés