O temporal mantén a flota amarrada con risco de ondas de ata 6 metros

    fotoalertacopia.jpg SALNÉS> O temporal tamén está a poñer as cousas difíciles no mar. E prevese que a situación no litoral empeore a partir de mañá.

    {flowplayer}images/salnes/AlertaMana.flv{/flowplayer}

    Os fenómenos metereolóxicos elevan a alerta a nivel laranxa nas 3 provincias costeiras galegas.

    Nas Rías Baixas as ondas chegarán hoxe ós 5 metros de altura e agárdase que mañá pola mañá poidan alcanzar ata os 6 metros.Ademais seguirá chovendo con forza durante toda a xornada de mañá e o vento tampouco deixará de soprar.

    Así as cousas hoxe a flota permaneceu amarrada a espera de que mellore a situación.

    A Dirección Xeral de emerxencias recorda que se teña precaución e que se evite achegarse a diques e rompentes posto que un golpe de mar podería arrastrarnos a auga.

    Redacción Salnés