‘Son moi poucos os cambadeses que incumpren as normas de tráfico’

    memoria_policia_cambados copia.jpgCAMBADOS> Segundo a memoria do 2010 da Policía Local, do milleiro de controis de alcoholemia realizados só se tramitaron 8 sancións penais por positivos.

    {flowplayer}images/salnes/MEMORIA_POLICIA_CAMBADOS.flv{/flowplayer} 

    A Policía Local de Cambados rexistrou durante o 2010 944 denuncias por infraccións de tráfico. É o apartado de incidencias que máis ocupou ós axentes despois da tramitación de informes para a alcaldía e a atención ós requerimentos telefónicos feitos polos veciños. Os datos aparecen na memoria do 2010 que esta mañá se presentaba no concello. Deste traballo realizado durante o pasado ano, salienta a aposta da Policía cambadesa pola educación viaria, actuando como sé dun curso de verán da Dirección Xeral de Tráfico con expertos e axentes de toda España, colaborando nun proxecto educativo coa asociación Esperanza Salnés ou impartindo clases maxistrais nos institutos Francisco Asorey e Ramón Cabanillas. E semella que estas campañas educativas están callando entre a poboación, pois como salienta o xefe da Policía Local Maximino Cid, este ano realizaron máis controis de alcoholemia, e os positivos foron os mesmos que no 2009.

    Outros dos fitos destacados na memoria da Policía cambadesa é a constitución no 2010 da mesa sobre violencia de xénero, a creación no verán da sección de mobilidade con axentes que patrullan en bicicleta ou a boa coordinación cos servizos de Protección Civil á hora de planificar grandes operativos coma o das festas do Albariño, a campaña de Nadal ou a época de Entroido.

    Redacción Salnés