Denuncian constantes inundacións nun céntrico garaxe de Ribeira

    filtracionsgaraxe.jpgRIBEIRA> Ó redor dun cento de propietarios de prazas de aparcamento nun céntrico garaxe están a verse afectados por continuas inundacións.

    {flowplayer}barbanza/filtracionsgaraxe.flv{/flowplayer}

    Malia que dispoñen dunha praza de garaxe hai ocasións nas que optan por deixar o coche fóra. E é que as constantes filtracións de auga poñen a proba a paciencia dos veciños cada vez que entran e saen co coche.

    Os días de chuvia, hai zonas totalmente anegadas e charcos que ocupan prazas enteiras dificultando o acceso ós veciños.

    Sen resultado

    Fartos desta situación, os afectados decidiron acometer unhas obras para o arranxo das canalizacións que supuxeron unha media de tres mil euros por cada propietario. Sen embargo, o problema persiste polo que demandan ó concello que acometa unha actuación na praza.

    Pola súa banda, dende o executivo informaron que os servizos técnicos están a estudar posibles solucións, á espera de determinar se as filtracións se producen por responsabilidade do concello.

     Redacción Barbanza