Tania García asume a área de Xestión do Territorio

    REODENACION_COMPETENCIAScopy.jpgVILAGARCÍA> A alcaldesa, Dolores García, xa asinou a resolución pola que se reordena esta área trala dimisión de Marcelino Abuín.

    {flowplayer}images/salnes/REMODELACION_GOBERNO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Desde hoxe, o grupo municipal socialista de Vilagarcía retoma o traballo coa nova división de competencias acordada na reunión que mantiveron o pasado venres. Tal e coma informaron desde o concello foi un encontro cordial no que se analizaron tódalas posibilidades orientadas a dar un novo impulso á xestión municipal no último treito de mandato. Argumento que comparte o voceiro do BNG e socio de goberno do Partido Socialista, Xosé Castro Ratón.

    Por consenso acordaron que Tania García, secretaria local socialista, asume en exclusiva a área de Xestión do Territorio e a presidencia do consello de xerencia de Urbanismo.

    José Membrives, ata o momento edil de Persoal, faise cargo da portavocía do grupo socialista e dunhas das vocalías que lle corresponde ó concello na Autoridade Portuaria.

    O novo concelleiro, Álvarou Carou, levará as competencias de Sanidade e Formación e Emprego. Victoria Hierro segue coma edil de Muller e presidenta da Fundación de Deportes e suma a representación do concello no Padroado de Parques Nacionais.

    Susana Camiño, ata agora encargada da área de Educación asume a de Medio Ambiente na que se integran, a partir de agora, Limpeza, Parques e Xardíns. Manuel Rodríguez Cuervo continúa coma concelleiro de Obras e Dolores García, ademais de alcaldesa, segue ó cargo das áreas de Facenda e Seguridade Cidadá.  

    Esta mesma mañá, a alcaldesa asinou a resolución pola que se reordena a delegación da Área de Xestión do Territorio. A resolución pola que reordenan outras áreas serán asinadas unha vez que se cumpran tódolos trámites para que tome posesión coma novo edil Álvaro Carou.

    Redacción Salnés