Esixen o restablecemento do dobre sentido no acceso a Outón

dobresentidoouton.jpgPORTO DO SON> Os veciños de Outón, en Xuño, seguen en pé de guerra para conseguir a retirada dos sinais de prohibición nun dos accesos a este núcleo.

{flowplayer}barbanza/dobresentidoouton.flv{/flowplayer}

Din que a restricción desta vía a un único sentido lles supón importantes prexuízos. Ademais do rodeo que deben dar para chegar ás súas vivendas consideran que ó quedar unicamente como saída, a vía non se incluirá no proxecto de mellora da seguridade vial proxectado na estrada AC-550.

Foi no mes de setembro cando sen previo aviso, os veciños deste pequeno núcleo de Porto do Son se atoparon con esta desagradable sorpresa. Dúas sinais de prohibición limitaban o que viña sendo un dos accesos á aldea converténdoo unicamente en saída.

Medidas de presión

Para solicitar a súa retirada recolleron máis de duascentas cincuenta sinaturas que foron entregadas no concello pero de momento aínda non recibiron resposta algunha. Aínda así non desistirán no seu empeño para conseguir que se restableza o dobre sentido da vía, tal e como veu sendo sempre.

Os residentes non entenden o motivo para implantar o sentido único xa que nos máis de trinta anos que leva o acceso en funcionamento non se produciron accidentes.

Responsabilidade do concello

Segundo o Partido Popular, a prohibición é responsabilidade única do concello posto que a Xunta a pesar de ser a titular do proxecto de mellora que se ai acometer non decretou estes cambios circulatorios.

Os populares levarán unha moción ó próximo pleno instando á retirada dos sinai para dar cumprimento a demanda dos veciños.

Redacción Barbanza