O concello asina a operación de crédito para pagar Vista Real

    SINATURA_OPERACION_PRESTAMOcopy.jpgVILANOVA> Desde hoxe o Pazo pasa a pertencer ó patrimonio do concello. Agardan abrir os xardíns ó público a finais de xaneiro.

    {flowplayer}images/salnes/SINATURA_CREDITO_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o alcalde de Vilanova asinou xunto ó Director Territorial de Novacaixagalicia en Pontevedra, Manuel Soaje, a operación de crédito para pagar, dentro do prazo establecido, o millón oitenta e cinco mil euros polo que adquiriron o Pazo de Vista Real. Ademais asinaron a orden de transferencia a Facenda polo que o inmoble xa pertence ó patrimonio do concello.

    No acto tamén estiveron presentes o xefe comarcal, Javier Villaronga, e o director da entidade bancaria en Vilanova, Manuel Rodríguez. Agora só resta que nos vindeiros días se desprace persoal da Axencia Tributaria ata o concello para formalizalo trámites.

    Aínda queda por determinar a data na que se abrirá ó público debido ó estado no que se atopan as instalacións. Durán agarda que os xardíns estean operativos a finais deste mes. Mentres, esta semana os promotores do centro comercial desprazaranse ó concello para seguir traballando no proxecto.

    En canto ó financiamento por parte doutras administracións públicas, o alcalde informou que mañá mesmo teñen unha reunión co Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, para buscar o seu apoio.

    Redacción Salnés