O vilanovés Roberto Leiro entra de novo en prisión

    comisaria_policiacopy.jpgVILANOVA> Un erro permitiu que o narcotraficante saise do cárcere en decembro a pesares de ter unha condena firme.

    {flowplayer}images/salnes/DETENCION_ROBERTO_LEIRO.flv{/flowplayer}

    Tras pasar esta mañá a disposición xudicial, a primeira hora da tarde Roberto Leiro era trasladado desde os calabozos da Comisaría de Policía de Vilagarcía á prisión de A Lama.

    Ó redor das sete da tarde de onte era detido por axentes do corpo nacional en torno ó seu domicilio na capital arousá. Tras ser visto o pasado nadal no Salnés alertou ós movementos antidroga que foron os que deron a voz de alarma. A súa denuncia fora remitida á Audiencia Nacional, ó Consello Xeral do Poder Xudicial e á Fiscalía Antidroga.

    En xuño de 2010 Roberto Leiro era condenado a nove anos de cárcere pola Audiencia Provincial de Asturias pola súa vinculación cunha rede de narcotraficantes local. No mesmo ano foi condenado a trece anos de prisión pola súa vinculación cun alixo de máis de seis toneladas de cocaína que transportaba o buque South Sea interceptado en augas do Atlántico en 2003.

    Da primeira causa quedou absolto polo Tribunal Supremo o pasado mes de decembro e foi entón cando foi posto en liberdade cando aínda tiña unha pena pendente.

     O xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico lembrou que hai que seguir traballando para evitar que este tipo de erros se volvan a repetir. Roberto Leiro, aínda ten pendente o xuízo pola operación Job na que foi detido, xunto a varios familiares, por un delito de branqueo de capitais. Na operación fóronlle intervidos bens por valor de novecentos mil euros.

    Redacción Salnés