O BNG apoiará os orzamentos para o 2011 dos socialistas

    bngcaldas copia100.jpgCALDAS> A cambio, o goberno local comprometeuse a incluir un total de cinco actuacións propostas polo BNG.

    {flowplayer}images/salnes/NEGOCIACION_ORZAMENTOS_CALDAS.flv{/flowplayer}

    A redacción do proxecto de saneamento de Asar e do Souto, na parroquia de San Clemente, a execución do primeiro, a toma de medidas de seguridade nos pasos de peóns no casco urbano, o acabado do muro de contención fronte o Instituto Aquis Celenis e o acondicionamento da rúa Fermín Mosquera, foron as cinco actuacións que o PSOE incluíu no orzamento para poder contar co apoio dos nacionalistas.

    A pesares de que a partida non está completamente pechada, dende o BNG estiman que o orzamento para o 2011 roldará os 5 millóns 300 mil euros.

    Ademais da inclusión destas obras, os nacionalistas aseguraron que buscaron o acordo co goberno local para evitar unha nova prolongación dos presupostos, procurando axustar os orzamentos á realidade.

    A pesares de que non hai data confirmada, dende o BNG esperan que os orzamentos vaian a pleno, extraordinario ou ordinario, este mes.

    Redacción Salnés