O concello manexa unha solución para evitar o desbordamento do Umia

    paseo copia100.jpgCALDAS> O proxecto pasaría pola modificación do muro da marxe dereita do río, que podería ampliar nun 10% a canle do Umia.

    {flowplayer}images/salnes/RP_RIADAS_CALDAS.flv{/flowplayer}

    O desmonte de parte do muro da marxe dereita do Umia, sería a actuación central do proxecto que manexa o concello. Con isto se realizaría un paseo a dous niveis, cunha anchura de ó redor de 2 metros e unha profundidade de entre 1.50 e 1.80 metros. O paseo ubicado máis preto do río, sería inundable polas crecidas. Unha posibilidade que aumentaría o caudal en ata 2 mil metros cúbicos, cantidade que tería evitado as inundacións deste ano e de 2006.

    O endereitado do meandro do río e a mellora da desembocadura do Bermaña, son outras actuacións que completarían o proxecto.

    Juan Manuel Rey asegurou que vai acudir a Xunta, Deputación e Ministerio de Fomento para solicitar o financiamento deste proxecto. Por outra banda, estes días o concello está a facer a valoración dos desperfectos provocados polas últimas inundacións. Unha situación na que denunciou a falta de axuda das institucións.

    Ademais da tubaxe do subministro de auga, lavadoiros, pontes, paseos, depuradoras ou bombas de achique das diferentes parroquias, víronse afectados polas inundacións. O inventario de destrozos non está pechado, pero o concello xa cifra os gastos en cantidades superiores ós 300 mil euros.

    Redacción Salnés