Os afectados polo vial de acceso ó porto reclaman as indemnizacións

    vecinos_vial_porto copia.jpgVILAGARCÍA> Fomento debía abonar máis de 4 millóns de euros das expropiacións antes de maio do 2010. Os veciños aínda non recibiron os cartos.

    {flowplayer}images/salnes/VECINOS_SOBRADELO_EXPROPIACIONS.flv{/flowplayer}

    En novembro do 2009, o Xulgado de Expropiación de Pontevedra emitiu a resolución administrativa na que se determinaban as indemnizacións a pagar ós veciños ós que se lles expropiaran terreos para construír o vial de acceso ó porto de Vilagarcía. En concreto, máis de 50 familias das parroquias de Sobradelo, O Piñeiro e Rubiáns. Os pagos superan en conxunto os catro millóns de euros e o Ministerio de Fomento dispoñía dun prazo legal de seis meses para facer efectiva a resolución, é dicir, ata o pasado mes de maio. Pero os afectados aseguran que a 14 de xaneiro do 2011 aínda non percibiron estas indemnizacións, por iso comezaron a tomar medidas. A primeira, solicitar unha xuntanza co subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, para que actúe como mediador ante a administración central, e este ano se habilite unha partida nos orzamentos estatais para executar o pago destas indemnizacións.

    Se esta medida non ten efecto, o colectivo optará pola vía xurídica: asesorados polo seu gabinete de avogados acudirán ós tribunais para que a xustiza decrete o embargo de bens patrimoniais da administración.

    Ademais do retraso nos pagos o colectivo acusa a Fomento de estarlles poñendo atrancos administrativos para solucionar outros problemas derivados das obras e servizos que quedaron danados, como os pozos artesianos das vivendas que quedan á beira do trazado, que acabaron secando ó modificar o curso da auga.

    Redacción Salnés