Denuncian a persistencia de vertidos no litoral arousán

    vertidos_compostela copia.jpg VILAGARCÍA> A AAVV de Carril asegura que dúas zonas analizadas por Augas de Galicia entre Vilagarcía e Carril están contaminadas por fecais.

    {flowplayer}images/salnes/NOVOS_VERTIDOS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    A Asociación de Veciños Santiago de Carril continúa coa súa campaña de denuncia do estado de salubridade das augas no litoral arousán. Nun escrito remitido ós medios de comunicación, o presidente do colectivo, Miguel Ángel Rodríguez Arriero, asegura que as últimas análises realizadas por Augas de Galicia entre o 26 de outubro e o 10 de novembro pasado indican que os vertidos de fecais nas praias de Vilagarcía aínda non están solucionados. Para o estudo escolléronse sete puntos nos que anteriormente se detectaran vertidos. As análises indicaron que en tres deles o problema estaba solucionado, pero en dous segue apreciándose contaminación por fecais; isto despois de que, segundo Arriero, o concello enviara un informe á Inspección no que indicaba que tódolos vertidos foran resoltos.

    A denuncia da asociación veciñal prodúcese apenas unha semana despois de que se detectara unha filtración de fecais na praia de Compostela. Desde o concello achacaron o problema ás intensas choivas que caeron e impediron o correcto bombeo das augas, pero entre o colectivo de mariscadores non tardaron en acenderse as alarmas ante os prexuízos que podería causar ós bivalvos do areal.

    Redacción Salnés