Máis dun cento de pombas mensaxeiras pousan en Vilanova

colombofilia_100 copia.jpg VILANOVA> A mostra, instalada na Casa do Pescador, recolleu exemplares de toda Galicia. Oito deles competirán a vindeira semana no Campionato Nacional de Colombofilia.

{flowplayer}images/salnes/EXPOSICION_POMBAS_VILANOVA.flv{/flowplayer}

Está considerada unha disciplina deportiva que pouco a pouco se vai facendo máis coñecida. Trátase da colombofilia, ou a arte de criar pombas mensaxeiras. O Clube Colombófilo Pombas do Salnés leva dez anos dedicado a estes mesteres. Conta na actualidade con doce socios, e foron eles, xunto á Federación Galega de Colombofilia, os responsables de organizar a Exposición Galega da Pomba Mensaxeira, 143 exemplares que permaneceron expostos durante toda a mañá na Casa do Pescador de Vilanova.

A cría de pombas mensaxeiras era unha práctica habitual en tempos pasados para enviar comunicacións rápidas entre puntos afastados, grazas á capacidade de orientación destas aves, unha característica innata. Malia que a capacidade de orientación sexa innata, tamén é preciso incentivala. Ó igual que o aspecto físico dos animais: unha pomba mensaxeira pode chegar a percorrer alta 500 quilómetros nun só día. E con adestramento e todo, este retorno ó fogar non sempre é doado.

Entre as 143 pombas desta mostra, un xurado especializado escolleu dúas de cada categoría, exemplares que competirán a vindeira semana en Palma de Mallorca na Exposición Nacional de Colombofilia.

Redacción Salnés