Os comerciantes dan a benvida á nova Lei de Comercio de Galicia

    zonaaberta copia100.jpgSALNÉS> A normativa responde ás demandas dos comerciantes, regulando os descontos previos ás rebaixas e os outlets.

    {flowplayer}images/salnes/LEI_COMERCIO_ZONA_ABERTA.flv{/flowplayer}

    Os descontos previos ás rebaixas ou a regulamentación dos outles, son os dous puntos máis celebrados do novo documento. A partires de hoxe, os comerciantes non poderán realizar promocións nos seus artículos o mes previo ó inicio das rebaixas. Pola súa banda, as feiras de oportunidades quedan limitadas a unha anual por localidade, e dous terzos dos participantes deberán ser do comercio local.

    O cumprimento da nova normativa estará moito máis vixiado. Os comerciantes formarán mesas locais de comercio, e o goberno autonómico porá en marcha un rexistro do comercio e un equipo de inspectores, encargados de seguir a aplicación da norma.

    A información sobre as formas de pago dispoñibles nas tendas e a necesidade dunha autorización do goberno autonómico para a apertura dun establecemento de incidencia supramunicipal, son outras cuestións reguladas pola nova lei, que recolle sancións de entre 1500 e 50 mil euros para os comerciantes que non cumpran o establecido.

    Redacción Salnés