A CIG reúnese con comerciantes e hostaleiros de Vilagarcía

    REUNION_CIG_COMERCIANTEScopy.jpgVILAGARCÍA> O motivo era informalos sobre os motivos que os levan a convocar unha folga xeral. A resposta foi positiva.

    {flowplayer}images/salnes/XUNTANZA_ZONA_ABERTA.flv{/flowplayer}

    Contra unha reforma totalmente inxusta que ataca os dereitos dos traballadores. Esta é a xustificación, segundo a CIG, que os leva a convocar unha folga xeral para o día 27 de xaneiro.

    No Salnés, antes desa data, as labores centraranse en contactar cos diferentes sectores estratéxicos da comarca para informarlles do motivo desta convocatoria. Esta mañá, o responsable do sindicato en Arousa reuniuse con representantes do pequeno comercio e da hostalería de Vilagarcía.

    En concreto, a reunión tivo lugar coa vicepresidenta da asociación de comerciantes Zona Aberta e cunha representación da asociación de hostaleiros e iniciativas turísticas de Vilagarcía, Ahituvi.

    Segundo Bouzas a resposta foi positiva, pero os comerciantes non se posicionaron á espera de ter unha xuntanza cos seus asociados.

    Nos vindeiros días manterán reunións cos comerciantes de O Grove e Cambados para informarlles dos motivos que os levan a mobilizarse.

    Redacción Salnés