FITUR réndese un ano máis ós encantos das Rías Baixas

    fotofiturcopia.jpg MADRID> O patronato de turismo puxo en valor as Rías Baixas como destino de calidade. Tamén presentou o turismo accesible ó que se adicarán 12 millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/TurismoRiasBaixas.flv{/flowplayer}

    A Raíña Dona Sofía inaugurou a primeira hora de onte a Feira Internacional de Turismo, ese foi o pistoletazo de saída que deu comezo ós distintos actos e presentacións que tiveron lugar en tódolos stands. O de Tour Rías Baixas foi sen dúbida un dos que máis actividade tivo.

    Ademáis de consolidarse como destino turístico de proximidade, as Rías Baixas presentáronse como un destino de calidade apostando polo turismo cultural e gastronómico fundamentalmente. Mención especial tivo o viño albariño.O propio Aragunde presentou a que será a 59 edición da festo do albariño de Cambados.

    Tamén se fixo especial fincapé na utilización das novas tecnoloxías para facer o destino maís atractivo e asequible e un elemento no que se está a poñer moito énfase e que pretenden convertir nun reclamo importante neste 2011 é o que se está a chamar turimo accesible, para toda aquelas persoas con problemas de mobilidade. Para o que se invertirán 12 millóns de euros.

    Redacción Salnés