O Consorcio leva ós xulgados o proxecto do centro comercial

    xuntanza_consorciocopy.jpgSALNÉS> O colectivo tomou esta decisión na xuntanza que mantiveron onte. Teñen ata o 22 de febreiro para presentalo nos xulgados.

    {flowplayer}images/salnes/MEDIDAS_LEGAIS_CONSORCIO.flv{/flowplayer}

    O Consorcio do Comercio do Salnés presentará un contencioso administrativo contra o proxecto do centro comercial de San Miguel de Deiro, en Vilanova. 

    A partires de agora dispoñen de tempo ata o 22 de febreiro para presentalo contencioso nos xulgados. Un proceso que podería prolongarse durante oito meses ou un ano. Conscientes disto, manteñen a esperanza en que a sentenza sexa favorable ó consorcio e que se paralice o proxecto. Aínda así, cabe a posibilidade do recurso.

    O argumento segue a ser o mesmo que ó comezo: é unha defensa ó pequeno comercio. Un dos maiores temores era o custo económico que ía supor entrar neste proceso. Pero desde o Consorcio confesaron que é unha contía á que poden facer fronte e que se levará a cabo cunha derrama que asumirán os propios comerciantes.

    Para o Consorcio é a mellor campaña que poderían facer para defendelo pequeno comercio.

    Nos vindeiros días, solicitarán unha reunión coa directora xeral de comercio, e co conselleiro de industria para explicarlles esta problemática.

    Redacción Salnés