Un portal web achegaralle ós bateeiros a información do sector

    fotoquintanacopia.jpg VILAGARCÍA> A Consellería do Mar levou a cabo un portal dixital para facilitarlle ós bateeiros o acceso directo á información relacionado co sector.

    {flowplayer}images/salnes/QuintanaComisionMexillon.flv{/flowplayer}

    Rosa Quintana visitou esta mañá o instituto tecnolóxico para o control do medio mariño para presentar esta nova ferramenta web coa que a consellería do mar pretende facilitar ós bateeiros o acceso á información do sector.

    Para a conselleira a creación deste portal dixital supón un avance no compromiso que a consellería asumira de aumentar a transparencia do seu departamento co sector multicultor.

    A comisión do mexillón está en funcionamento dende o mes de xuño do ano pasado. Este organismo conta con catro membros da Consellería do Mar e as entidades asociativas contarán cun representante cada 300 bateas. Os representantes da administración participarán nas reunións con voz pero sen voto, recaendo todo o poder de decisión nas entidades.

    Que despois remitirán os informes a Consellería do Mar para a súa aprobación. Os usuarios poderán acceder a través deste novo portal web ás actas das xuntanzas da comisión, a lexislación que atinxe ó sector e a documentación para o desenvolvemento da súa actividade.

    Redacción Salnés