A educación foi o sector con maior incidencia no Barbanza

    folgacigbarbanza.jpgRIBEIRA> No Barbanza, a folga tampouco tivo un seguimento maioritario aínda que houbo sectores con maior incidencia como a educación e a sanidade.

    {flowplayer}barbanza/folgacigbarbanza.flv{/flowplayer}

    A educación foi un dos eidos con maior incidencia desta folga. Especialmente entre os alumnos de Secundaria, convocados polo sindicato de estudantes que se organizaron en asembleas nas que decidiron apoiar maioritariamente a folga. Como exemplo no instituto Leliadoura de Ribeira non asistiu a clase o alumnado dos ciclos, do Bacharelato e de cuarto da ESO; mentres que en primeiro, segundo e terceiro tan só o fixo a metade. Pola contra, dos sesenta e dous mentres que conforman o cadro de persoal tan só cinco respaldaron o paro. Unha situación similar dábase no IEs Número 1 de Ribeira.

    Servizos mínimos abusivos

    Outro sector con relativa incidencia foi a sanidade na que a CIG criticou a imposición de servizos mínimos abusivos.

    Aínda así a tónica dominante foi a normalidade e a cara máis visible da folga foi a concentración desenvolvida en Ribeira con máis de douscentos manifestantes.

    Resposta satisfactoria

    O responsable comarcal da CIG no Barbanza valorou moi positivamente a campaña informativa do sindicato e a resposta da cidadanía que se opón frontalmente a esta reforma que aboca á desaparición o sistema público de pensións.

    Así mesmo, destacou a ausencia de incidentes que contrastou co amplo despregamento policial.

    Redacción Barbanza