Os vándalos cébanse coa parroquia de San Ourente

actosvandalicossanourente.jpgOUTES> A parroquia de San Ourente sufre, dende hai cinco anos, constantes actos vandálicos.

{flowplayer}barbanza/actosvandalicossanourente.flv{/flowplayer}

Os veciños da parroquia de San Ourente, na Serra de Outes, espertaron outra mañá cunha desagradable sorpresa. Alguén accedeu ó interior dos dous cemiterios con que conta este núcleo e arrasou con todo o que atopou ó seu paso. Lápidas, cruces e bancos de pedra esnaquizados. Todo podería quedar nunha trasnada ou na acción duns vándalos se non fose porque non é a primeira vez que pasa.

Temor

Dende hai cinco anos, nun radio de cincuenta metros ó redor da igrexa veñen producíndose diversos sucesos que teñen atemorizados ós veciños.

Tanto a Garda Civil como a policía local abriron unha investigación ó respecto aínda que de momento non se produciu detención algunha.

Sospeitas

Pola súa banda, os veciños teñen sospeitas de quen pode ser o autor dos feitos pero non teñen probas para proceder á súa denuncia. Piden ás autoridades e corpos de seguridade que tomen cartas no asunto para poder recuperar a calma.

Redacción Barbanza