As visitas ó museo Valle-Inclán aumentaron durante o 2010

    balancevisitasmuseopobra_copia.jpgPOBRA> O total de visitantes ascendeu á cifra de 10.442 persoas, preto de seiscentos visitantes máis respecto ó ano anterior.

    {flowplayer}barbanza/balancevisitasmuseopobra1.flv{/flowplayer}

    A edil de Cultura e Turismo da Pobra do Caramiñal, Encarnación González, e o director do museo Valle-Inclán, Antonio González Millán, deron a coñecer esta mañá o balance das visitas realizadas ás instalacións durante o pasado ano 2010 que se sitúan nas 10.442. Dos datos obsérvase un aumento importante respecto ó ano anterior en preto das seiscentas persoas.

    Fóra de Galicia

    En canto á súa procedencia hai que destacar que o maior número de persoas que visitan as instalacións do museo pobrés chegan dende fóra da nosa comunidade autónoma, maioritariamente de Madrid, Castela León e Andalucía.

    Retos 2011

    Entre os retos que se marca a dirección do museo de cara ó presente ano, figura a aprobación dos estatutos da nova Fundación, que virá a substituír ó vello patronato creado no ano 1981 cunha lexislación xa caduca, así como tamén a realización dunha ampla e variada programación, en colaboración coa Xunta de Galicia, no ano no que se cumpre o 75 aniversario do falecemento do creador do esperpento.

    Redacción Barbanza