Abre as súas portas a nova sala-museo de Ribeira

    novasalamuseoribeira.jpgRIBEIRA> O acto inaugural contou coa presenza do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, quen destacou a importancia deste novo centro museístico.

    {flowplayer}barbanza/novasalamuseoribeira.flv{/flowplayer}

    Un bo número de persoas asistiron onte pola noite á apertura oficial da Sala Museo Municipal de Ribeira, ubicada no propio centro urbano da cidade, nunha vivenda tradicional coñecida popularmente co nome de Doña Adela, e que foi previamente rehabilitada como centro museístico. O encargado de presidir o acto foi o propio conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, que acompañado polo alcalde da localidade, Xosé Luis Torres Colomer, puido coñecer de primeira man as novas instalacións onde se recollen importantes coleccións, entre elas a de Carlos García Bayón, formada por unhas 200 pezas de arqueoloxía de distintas épocas, a exposición de bonecas doada pola presidenta das Amas de Casa, Magdalena Bringas, a colección de armas brancas do doutor José Antonio Viqueira ou mesmo as fotografías da historia de Ribeira de Foto Lesmes.

    Peza indispensable

    Na súa intervención o titular de Cultura afirmou que o museo é unha peza indispensable no que se recolle unha parte importante da historia e da identidade de Ribeira.

    Forte investimento

    Pola súa banda o alcalde mostrouse moi orgulloso pola inauguración desta sala museo, que supuxo un ivestimento de máis de 700 mil euros,

    Agradecementos 

    Torres Colomer tamén agradeceu a contribución de todas aquelas persoas que realizaron diferentes aportacións ó museo.

    Redacción Barbanza