Portos estuda a mellor alternativa para o náutico de Rianxo

    portodeportivorianxo.jpgRIANXO> O proxecto doporto deportivo vai tomando forma a través das xuntanzas entre representantes do Club Náutico, a confraría e Portos de Galicia.

    {flowplayer}barbanza/portodeportivorianxo.flv{/flowplayer}

    A construción do futuro porto deportivo de Rianxo implicará unha mellor ordenación portuaria con espazos definidos para cada un dos usos. A intención é trasladar as embarcacións de recreo cara a parte norte e habilitar no espazo que ocupan na actualidade un pantalán para atraque das embarcacións profesionais dedicadas ó bou de vara.

    Polo momento, o proxecto está en fase de estudo á espera de determinar a mellor alternativa para a súa execución.

    Mentres agardan a coñecer a decisión de Portos, dende o pósito vén con bos ollos este proxecto que, a diferenza do anterior, manterá sen apenas variación a fachada marítima da vila e non terá apenas impacto sobre a ría e os seus recursos.

    Redacción Barbanza