Os rapaces de A Pastora aprenden a comer sano ‘coas mans na masa’

    fotoalmorzoscopia.jpg CAMBADOS> O obxectivo de educar os rapaces nos bos hábitos alimenticios e de que se acostumen tamén a axudar na cociña.

    {flowplayer}images/salnes/Almorzos_Saudables.flv{/flowplayer}

    Ata este colexio se achegou hoxe Antonio Bono, restaurador de profesión e tamén de vocación. Para él educar ós rapaces para que teñen uns bos hábitos de alimentación é fundamental.Coidar a hixiene na cociña e comer sano e variado é o que pretende transmitir con estas xornadas.

    Ó longo de toda a mañá os rapaces foron os que elaboraron as receitas, todas elas pensadas para facer un almorzo equilibrado. Croissants, pan e distintos batidos con leite e froitas que os cativos puideron tamén probar sen esquecer por suposto o prato estrela.

    Inculcando ós cativos valores de vida saúdables, Antonio pretende tamén axudar a evitar os problemas de obesidade infantil que cada vez son máis na nosa sociedade.

    Parece que a idea tivo éxito entre os cativos e todos estaban moi contentos con isto de cociñar aínda que houbera certas dúbidas sobre o que se cociñaba.

    Se chamen como se chamen seguro que a receita se repite na casa.

    Redacción Salnés