Atraco a punta de pistola nunha farmacia de Vilagarcía

    fotofarmaciacopia.jpgVILAGARCÍA> O home, que ía encapuchado,  entrou na Farmacia Manuel Chaves, en pleno centro do municipio. O botín ascende a 500 euros. 

    {flowplayer}images/salnes/AsaltoFarmaciaVilagarcia.flv{/flowplayer}

     A farmacia atópase no centro de Vilagarcía, entre a rúa Juan Carlos I e Rey Daviña. Os dependientes do establecemento aínda non daban crédito esta mañá o sucedido.

    No momento do atraco ademáis dos dous empregados atopábanse dentro dúas clientas. Unha delas conseguiu saír no momento no que entraba o atracador pero a outra, unha muller de bastante idade tivo que permanecer dentro ata que o home abandonou o lugar.

    O dependiente a punta de pistola entregou ó atracador os 500 euros que había nese momento na caixa rexistradora e o home abandonou o lugar.

    Ata o momento non hai máis datos sobre o suceso, aínda que as cámaras de seguridade da farmacia grabaron todo o acontecido e a Policía Nacional segue na procura de máis pistas sobre o feito.

    É o segundo atraco que se produciu en Vilagarcía en menos dunha semana despois de que o sábado entraran nun supermercado de Vilaxoán.

    Redacción Salnés