Un cento de rosas que agochan 200 euros

    rosas_san_valentin copia.jpg VILAGARCÍA> Zona Aberta celebrará o Día dos Namorados repartindo flores entre as parellas. Algunhas, con premio: vales de compra por un total de 200 euros.

    {flowplayer}images/salnes/SAN_VALENTIN_ZONA_ABERTA.flv{/flowplayer}

    Levaban varios anos sen facer ningunha campaña especial polo día dos namorados, pero este ano Zona Aberta decidiu celebrar San Valentín repartindo entre as parellas de noivos a flor por excelencia desta data: unha rosa vermella, ou máis ben cen. Será o vindeiro luns, a partir das cinco da tarde, na praza de Galicia. Entre as flores haberá agochados vales compra por un valor total de 200 euros.

    Os agraciados terán un máximo de cinco días para canxear os vales nos establecementos asociados a Zona Aberta. Aínda que o ideal sería gastalos no mesmo día e facer un agasallo como se merece ó namorado.

    Redacción Salnés