Habilitan unha sala para a recepción de currículos para a gran superficie

    concello_vilanova_ copia.jpgVILANOVA> Será a partir do martes no salón de plenos do concello. Será a promotora a que faga a selección do persoal.

    {flowplayer}images/salnes/ENTREGA_CURRICULOS.flv{/flowplayer}

    A partir do vindeiro martes, o concello de Vilanova habilitará, tal e coma adiantaban fai dúas semanas, o salón de plenos para recoller currículos para o centro comercial de San Miguel de Deiro.

    O goberno local así o decidira ante a avalancha de persoas, máis de seiscentas en menos dun mes, que achegaron os seus documentos ás oficinas do servizo municipal de Orientación Laboral, situada na Casa de Cultura de Esteiro. E así o fan, segundo o alcalde, Gonzalo Durán, xa que a súa principal prioridade é a creación de emprego.

    Desde a casa do concello lembran que coa creación desta gran superficie xeraranse catrocentos cincuenta postos de traballo directo, tal e coma recolle o convenio asinado coa Promotora Desarrollos Vilanova para traballar no Alcampo de San Miguel. A estes hai que sumarlle os empregos previos para a creación dos accesos e a construción da superficie.

    Segundo informaron desde o concello, non hai unha data límite para presentala documentación, a oficina estará habilitada mentres haxa veciños da comarca interesados en entregalo seu currículo.

     Despois, será a promotora a que faga a selección do persoal.

    Redacción Salnés