Primeira xuntanza para consensuar a reforma integral do porto sonense

fachadamaritima.jpgPORTO DO SON> Portos de Galicia acometerá un programa de inversións no espazo portuario que contempla a redistribución das zonas segundo os usos.

{flowplayer}barbanza/fachadamaritimaportoson.flv{/flowplayer}

A tan demandada remodelación da fachada portuaria do Son está máis preto de ser uha realidade despois de que este luns tivese lugar a primeira xuntanza entre o presidente de Portos de Galicia, o concello e os colectivos con presenza nos espazos portuarios.

Plan plurianual

Nesta primeira toma de contacto, Xosé Manuel Álvarez Campana, explicou a proposta de ordenación dos espazos, segundo os distintos usos, cun programa de inversións de tres a cinco anos.

Agora, en sucesivas xuntanzas, a comisión de traballo deberá concretar os proxectos a acometer así como a súa prioridade.

Ademais da ampliación do dique de abrigo e a dotación de pantaláns tanto para embarcacións pesqueiras como deportivas, propóñense meloras en tódolos ámbitos dende a creación de departamentos para usuarios, a recuperación de espazos como o da antiga lonxa onde se instalaría unha explanada polivalente ou a creación de aparcamentos. Todo, integrado na vila coa fachada marítima como seña de identidade.

Retraso

Dende o concello agradeceron a presenza do presidente de Portos pero reprocharon a demora nos prazos posto que esta xuntanza tiña que terse producido o pasado verán.

Para os responsables do executivo o principal é acometer inversións para frear o deterioro da zona. O responsable autonómico explicou que xa hai unha partida de sesenta mil euros para asfaltado.

Acolleu tamén con interese outras propostas como a dotación de sistemas de vixilancia, formulada pola confraría, ou a necesidade de instalar pantallas que actúen como paraventos tal e como solicitou a asociación de empresarios.

Redacción Barbanza