Nava Castro atende as demandas dos praceiros de Cambados e Vilanova

    NAVA_CASTRO_CAMBADOS.jpg SALNÉS> A directora xeral de comercio interesouse polo proxecto de remodelación do mercado cambadés e comprobou as reformas no vilanovés.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_PRAZAS_NAVA_CASTRO.flv{/flowplayer}

    Concello de Cambados, Xunta e a Asociación de vendedores da Praza de Abastos están a traballar xa no deseño do proxecto para a reforma integral do mercado. Esta mañá a directora xeral de comercio, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, achegáronse ó municipio para coñecer de primeira man as necesidades do recinto. Segundo o alcalde cambadés Luís Aragunde, nun par de anos podería estar inaugurando o novo edificio.

    Os comerciantes apuntan ás filtracións e ós problemas na canalización das auga como as principais deficiencias que sofre o edificio. Desde a nova asociación de vendedores da praza, que aglutina as uns noventa postos, confían en que a reforma lles axude a potenciar as súas vendas.

    Pouco antes de desprazarse a Cambados, a directora Xeral de Comercio pasou por Vilanova para ver como quedou a recente renovación do mercado. Tamén aquí se estuda a ampliación das instalacións, aínda que o proxecto vai con retraso.

    Redacción Salnés