O BNG pediralle á Xunta a restitución do subsidio ás mariscadoras

xuntanzabngmariscadoras_100.jpgMUROS-NOIA> O BNG convocou a unha representación das mariscadoras afectadas pola retirada da axuda para completar os anos de cotización.

{flowplayer}barbanza/xuntanzabngmariscadoras.flv{/flowplayer}

A xuntanza, celebrada esta mañá na sede da confraría noiesa, tiña por obxectivo coñecer de primeira man a situación pola que atravesan as mariscadoras afectadas trala retirada da axuda procedente da Xunta pola que percibían unha paga correspondente ó salario mínimo ata completar os anos de cotización necesarios para a xubilación.

As traballadoras afectadas, tanto as que cumpriron os 65 anos como as que están próximas a facelo, reclaman que, no caso de non seguir cobrando as axudas, se lles permita traballar superada esta idade posto que necesitan percibir ingresos.

Unha solución que, para o responsable parlamentario de Pesca do BNG, é froito da desesperación.

Proposición non de lei

A única alternativa pasaría pola reposición da axuda como se viña prestando ata o de agora. Para conseguilo levarán ó parlamento unha proposición non de lei que se debaterá o próximo martes.

Redacción Barbanza