Unha clase de galego a cargo do avó, Eli e Totó

axouxeres copia.jpg VILAGARCÍA> Son os protagonistas do programa ‘Axóuxeres’, a aposta da Xunta para fomentar o uso da lingua galega na familia.

{flowplayer}images/salnes/axouxeres.flv{/flowplayer}

Xogos, música, teatro… o programa dos ‘Axóuxeres’ ten tódolos ingredientes para gozar dunha tarde en familia. Sobre todo pensando nos máis cativos da casa, porque a eles e ós seus pais vai dirixido o programa Os Axóuxeres. Este domingo desembarcan no Auditorio de Vilagarcía o Avó, interpretado polo actor Xosé Manuel Olveira Pico, a súa neta Eli, e o boneco dos Axóuxeres, Totó.

Esta edición dos Axóuxeres homenaxea ós avós como transmisores da cultura e lingua galegas. Ademais, o programa acompáñase de obradoiros sobre cantos de arrolo ou masaxes para bebés coa fin de ensinar ós pais a fortalecer o vínculo co bebé. E para continuar coas cancións e adiviñas que escoiten o domingo, os Axóuxeres está tamén na internet, nos enderezos www.xunta.es/linguagalega/axouxeres, www.faceboook.com/axouxeres ou en http://twitter.com.

Redacción Salnés