N.O.I.A. decántase por Marisol Villar como candidata á alcaldía

marisolvillarcandidatanoia.jpgNOIA> Marisol Villar será a candidata de Noieses Independentes Agrupados. Así o decidiu a maioría da militancia que este luns celebrou o proceso de primarias.

{flowplayer}barbanza/marisolvillarcandidatanoia.flv{/flowplayer}

Dos 94 militantes da nova formación independente noiesa que participaron no proceso de primarias, un total de 90 apoiaron a candidatura presentada por Marisol Villar. A outra candidatura presentada, a encabezada por Maica Pérez, foi respaldada unicamente por tres persoas. O outro voto emitido foi en branco.

A propia Marisol Villar amosouse moi agradecida pola confianza e o amplo apoio recibido, ós que agora pretende non defraudar acadando a alcaldía noiesa.

A loita para acceder ó concello noiés será dura, aínda que agarda conseguir o respaldo maioritario dos veciños e darlle así un sopro de aire fresco á política municipal noiesa.

A mediados de marzo agarda poder dar a coñecer o nome das persoas que o acompañarán nesa difícil tarefa de acceder á alcaldía noiesa.

Redacción Barbanza