Vilanova Centro pon en marcha unha campaña para fomentar o comercio

    campanavilanova copia100.jpgVILANOVA> "As compras na túa vila teñen premio" repartirá entre os compradores un total de tres mil euros en tarxetas regalo.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_COMERCIO_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Dende hoxe e ata o vindeiro cinco de marzo, os clientes dos comercios de Vilanova Centro poderán beneficiarse da campaña “As compras na túa vila teñen premio”, impulsada pola Federación Galega de Comercio e que conta coa colaboración de Nova Caixa Galicia. A organización sorteará un total de 3 mil euros repartidos entre dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 de cen euros, buscando mellorar o balance de vendas do pequeno comercio.

    Unha carpa instalada fronte ó concello e varias azafatas que percorrerán as rúas, informarán os vilanoveses desta iniciativa e selarán os tickets de compra nos comercios locais a cambio dun número para o sorteo final. Todo para pór en marcha unha campaña que se suma a outras que Vilanova Centro realiza para axudar os seus asociados.

    Os gañadores coñeceranse o vindeiro día cinco de marzo, cando a carpa instalada na praza do concello acollerá o sorteo final. Ademais durante toda a xornada realizaranse varias actividades, entre elas a actuación da representante española en Eurovisión, Lucía Pérez.

    Redacción Salnés