‘Citizen’, a historia dun imperio textil levada ó teatro

citizen copia.jpg VILAGARCÍA> A compañía ‘Chévere’ representará a obra o vindeiro venres, ás nove da noite no Auditorio Municipal.

{flowplayer}images/salnes/TEATRO_CITIZEN.flv{/flowplayer}

‘Citizen’ é a primeira parte dunha triloxía teatral. Relata a andaina dun empresario que chega a levantar un imperio textil da nada. A historia comeza no 1975 cun encontro fortuíto entre os protagonistas, Arsenio Ortigueira e Sara Caamaño.

Con esta obra, Chévere Teatro volve ó auditorio de Vilagarcía trala experiencia do ano pasado coa obra Testosterona. Desta volta propón ó espectador reflexionar sobre as consecuencias sociais da globalización, tomando como inspiración o filme de Orson Welles, Ciudadano Kane.

A obra represéntase o venres no Auditorio Municipal ás nove da noite. O prezo das entradas, 3,4,e 5 euros.

Redacción Salnés