O AVE entrará en Pontevedra a finais do 2012

    AVE copia.jpg PONTEVEDRA> Fomento confía en rematar no segundo semestre do vindeiro ano tódalas obras do Eixo Atlántico de Alta Velocidade.

    {flowplayer}images/salnes/louro_obras_eixo_atlantico.flv{/flowplayer}

    O segundo semestre de 2012. Nesta data espérase que estean rematadas as obras do eixo atlántico de alta velocidade. Así o indicou esta mañá o delegado do goberno en Galicia, Antón Louro, e así o confirmou tamén o subdirector xeral de Construción do Ministerio de Fomento, Manuel Herrera. Ambos visitaron varios puntos das obras que se executan na provincia de Pontevedra.

    Segundo indicou Louro, dos 150 quilómetros de vía do Eixo Atlántico, 87 xa entraron en servizo e para este ano poderán circular trens de alta velocidade entre Ourense, Santiago e A Coruña. Un dos puntos visitados foi Lérez, no concello de Pontevedra. Aquí estase a construír un túnel de mina de máis de 200 metros e tamén o viaduto de San Bieito, de máis de 170 metros de longo.

    As previsións son que estas obras rematen en 2012. A visita rematou no viaducto metálico que se está a construír en Arcade, no concello de Soutomaior.

    Redacción Salnés