O GAC 6 consolida 4 proxectos de diversificación empresarial mariñeira

    SANXENXO> A Sostibilidade Costeira dende o Sector turístico é o lema co que se presentaron hoxe en Portonovo, Sanxenxo, as actividades promovidas…

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_xornadas_gac_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    … polo Grupo de Acción Costeira 6, correspondente á zona de Pontevedra.

    O obxectivo deste GAC é aproveitar os fondos europeos para buscar outras fórmulas de negocio, outros xeitos novidosos de crear riqueza en torno ó mar. En concreto, este Grupo puxo en marcha 4 proxectos a prol da diversificación do eido mariño: un deles sobre a mellora enerxética nas embarcacións tradicionais en Bueu e outro a instalación de casetas para ó uso das mariscadoras en Poio.

    Os dous programas restantes xiran en torno ó turismo: organizando roteiros turísticos por Portonovo para dar a coñecer a súa actividade cultural e mariñeira; e emprendendo accións divulgativas e formativas sobre as artes tradicionais pesqueiras, o patrimonio mariñeiro, e outros detalles do sector pesqueira.

     A Conselleira do Mar cifrou a achega do seu departamento á este GAC 6 en preto dos 555.000 euros durante o ano 2010. Unha cantidade que ó logo deste algo chegará preto do millón de euros na provincia de Pontevedra.

    Redacción Salnés