PORTONOVO> Gañoulle ó Mesón do Bento por 2 goles a 0. Conseguiu así 3 puntos importantísimos na súa loita por saír dos postos de descenso.
{flowplayer}images/salnes/ResumoPortonovo.flv{/flowplayer}
O Portonovo volveu acadar a vitoria en Baltar dous meses despois. Os de Jacobo Molina gañáronlle ó Mesón do Bento por 2 goles a 0, un resultado que aínda que non lles permite saír dos postos de descenso acércaos un pouco máis os seus rivais directos na táboa.
Na primeira parte pouco houbo que resaltar e habería que agardar ata a reanudación para que chegaran os goles.
Os locais abriron o marcador na primeira chegada do segundo tempo. Nel puxo este centro que aproveitou Ferreiro axustado ó pao e ante o que nada puido facer Mario. Apenas pasaron 5 minutos ata que os de Molina celebraran o segundo. Foi obra de Óscar Blanco con este tiro dende máis de 30 metros que volveu a bater ó gardameta rival.
Hacia o final do encontro os visitantes tiveron ocasións para acurtar distancias, pero o Portonovo defendeu o resultado e conseguiu sumar eses importantes 3 puntos.
Oque non foi quen de acadar a vitoria foi o Vilalonga, tivo que conformase cun empate no último momento. 2 a 2 na casa do Negreira con goles de Machu e Suso no 86 e 87.
Redacción Salnés