Concentración en apoio ós traballadores da cafetería do Hospital

    concentracion_ccoo_traballadores_hospital_salnescopy.jpgVILAGARCÍA> Esta manifestación, convocada por CCOO, ven motivada polo acoso laboral que sofren estes empregados.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_CCOO_HOSPITAL_SALNES.flv{/flowplayer}

    Baixo os lemas ‘non ó acoso laboral’, ‘por un traballo digno’, máis de cincuenta traballadores do Hospital do Salnés xunto a comisións obreiras concentráronse esta mañá para denunciala situación que atravesan os empregados da cafetería e a cociña deste centro.

    O delegado de comisións obreiras, Juan Fernando Vao, confesou que a manifestación ven motivada polo acoso laboral que veñen sufrindo desde que a empresa concesionaria Aguinchos chegou ó Hospital fai uns 9 anos.

    O último incidente produciuse o pasado mes de agosto cando unha traballadora foi despedida a pesares de ter un acordo verbal co empresario polo que lle ían facer un contrato indefinido.

    Esta ex traballadora denunciou ó empresario e a sentenza foi favorable pero non foi o único caso. Desde que a empresa leva o servizo de cafetería unhas oitenta persoas foron despedidas nas mesmas condicións.

    Debido a este acoso, desde comisións obreiras agardan que a administración tome nota e que non lle renoven a concesión que se lles remata o 1 de agosto.

    Desde comisións animaron a tódolos traballadores a que denuncien este tipo de actitudes por parte dos empresarios xa que non se deben permitir este tipo de comportamentos.

    Redacción Salnés