Presentan a primeira conserva elaborada con lamprea do Miño

    conserva_lampreacopy.jpgCAMBADOS> Este produto gourmet é froito da colaboración entre o restaurante Pandemonium e Conservas de Cambados.

    {flowplayer}images/salnes/REPOR_LAMPREA_A_BORDALESA.flv{/flowplayer}

    Sen esquecerse da receita tradicional e cunha materia prima procedente directamente desde o río Miño. Estas son as claves, segundo os seus creadores, para conseguir que o produto final manteña a súa calidade. Semella que o restaurante Pandemonium e Conservas de Cambados o conseguiron na conserva de lamprea que veñen de crear.

    Unha idea que xurdiu cun claro obxectivo de desestacionalizar o consumo deste manxar que, ata agora, se centraba na tempada da lamprea, entre os meses de xaneiro e abril.

    Ademais, segundo os seus creadores, é unha produto pioneiro en España e descoñecido ó mesmo tempo, co que agardan acadar un oco no mercado.

    Aínda non teñen unha data na que van iniciar a comercialización desta conserva pero aseguraron que o poderemos atopar nas mellores tendas gourmet do país, sen esquecerse da comarca do Salnés.

    Redacción Salnés