Comisan máis de 2,5 toneladas de ameixa ilegal procedente de Portugal

    COMISO_AMEIXA_copia.jpg PONTEVEDRA> Policía Nacional e Gardacostas detectaron o cargamento durante unha inspección rutineira na AG-52, á altura da ponte internacional de Tui.

    1.480 quilos de ameixa babosa e xapónica con talla antiregulamentaria, 900 quilos de ameixa de tamaño ilegal e sen documentación, e 210 quilos de xapónica que carecía das certificacións regulamentarias. En total 2,59 toneladas de marisco que os axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia en colaboración coa Policía Nacional interceptaron nun control rutineiro realizado na madrugada do mércores na AG-52, á altura da ponte internacional de Tui. Procedían de Portugal e tiñan como destino a comunidade galega.

    Durante o operativo, os axentes inspeccionaron 30 vehículos, entre camións e furgonetas isotérmicos ademais de algún turismo. A actuación saldouse con 47 persoas identificadas, 7 actas de inspección e 4 de presunta infracción.

    A mercadoría comisada foi destruída por non dispoñer dos permisos legais pertinentes.

    Redacción Salnés