O sector do mar rexeita o traslado das gaiolas de salmón a Muros

gaiolassalmon.jpg

MUROS> A Consellería do Mar autorizou o traslado de dúas gaiolas experimentais de salmón dende a ría de Arousa ata o polígono de Muros.

{flowplayer}barbanza/gaiolassalmonmuros.flv{/flowplayer}

A Consellería do Mar adoptou esta decisión tras avaliar os informes técnicos e científicos do clúster de Acuicultura e da Universidade de Vigo, que consideran que este polígono Muros C é o lugar máis axeitado, dado que a distancia que existe coas bateas é suficientemente grande para non prexudicar á actividade marisqueira, acuicultora e pesqueira da zona.

Esta explicación non convence ó sector do mar que traballan na ría de Muros e Noia, que se opón totalmente o traslado das gaiolas. Dende a confraría de Noia cren que se trata dunha imposición á forza que non aceptan de bo grao.

A indignación do sector e dos colectivos prexudicados é tal que xa convocaron para o sábado unha xuntanza na casa do Mar de Noia para tratar o asunto. Santiago Cruz asegurou que non están dispostos a acatar esta imposición que pode rematar coa produtividade da ría.

Posibles mobilizacións

Non descarta iniciar mobilizacións dado que as súas reinvindicacións non están a ser tomadas en conta por parte da Consellería do Mar.

Dende a confraría de Portosín tamén mostraron o seu descontento perante esta decisión de Mar. O seu vicepatrón maior, Gerardo Vázquez asegurou que xa existen precedentes doutras gaiolas que estiveron colocadas nas proximidades da illa da Creba que arrasaron o fondo da ría.

Dende o pósito de Porto do Son, o seu patrón maior, Tomás Fajardo, malia que tamén rexeitou a colocación das gaiolas, mostrouse máis cauto. Antes de tomar ningunha decisión, dixo, recabará toda a información da Consellería do Mar e da empresa adxudicataria.

Redacción Barbanza