Malestar pola acumulación de lixo nas zonas do botellón

    lixoboiro.jpgBOIRO> Os principais problemas déronse na rúa Principal e no aparcamento do Dia, dúas zonas habituais deste tipo de prácticas.

    {flowplayer}barbanza/lixoboiro.flv{/flowplayer}

    Ademais de supoñer un alto custe para as arcas municipais, pola necesidade de incrementar o número de efectivos do persoal de limpeza, o concello debe facer fronte tamén a numerosos casos de vandalismo contra o mobiliario urbano.

    Regulamento antibotellón

    Mentres tanto o executivo boirés está á espera de que a Xunta ultime a nova normativa que prohiba o consumo de alcol na rúa, a coñecida como lei antibotellón para poder aplicala dentro das atribucións do propio concello. Con esta normativa non só se prohibirá o consumo de bebidas alcólicas na rúa, senón que virá tamén a acabar cun problema derivado do botellón, como é o aspecto que presentan logo destas prácticas numerosos espazos públicos do concello, así como as queixas veciñais por ruídos e actos vandálicos.

    Redacción Barbanza