A elite do Match Race Femenino cítase en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Aínda coa resaca da celebración do Open Nacional de Snipe, Vilagarcía prepárase para acoller o Campionato de España de Match Race Femenino, que dá comezo mañá mesmo. Trátase dunha nova modalidade olímpica que será inaugurada en Londres 2012. O caracter aberto da competición permitirá ver na Ría de Arousa á elite europea desta clase.

{flowplayer}images/salnes/MatchRace_080311.flv{/flowplayer} 

Valencia, Santander e agora Vilagarcía. A capital arousá acolle dende mañá e ata o sábado o III Campionato de España de Match Race Femenino. Unha clase que será olímpica por primeira vez o ano que ven en Londres. De feito os resultados que se acaden estes días son puntuables para determinar que embarcacións representan a España nesa importante cita. Participarán doce barcos, cinco deles españois. A pontevedresa afincada en Vilagarcía, Tamara Echegoyen, defende o título acadado o ano pasado. O resto representarán a Rusia, Holanda, Portugal, Suecia e Francia.

O formato de competición non é o habitual en vela. Trátase dun cara a cara entre dúas embarcacións. Todos enfrontaranse a todos nunha liguiña e os catro mellores entrarán nas semifinais do sábado. A final tamén se disputará o sábado.

Xunto ó Director do Centro de Tecnificación de Vela de Vilagarcia e o Presidente da Federación Galega de Vela, no acto desta mañá celebrado no porto vilagarcián participaron o Presidente do Real Club de Regatas Galicia, Pedro Piñeiro e Javier Puertas, Presidente da Autoridade Portuaria.

Redacción Salnés