AGAMAR convoca unha mobilización diante do Parlamento

    O SALNÉS> A Asociación Galega de Mariscadoras e mariscadores vai a iniciar o seu proceso de mobilizacións, cunha concentración mañá, …

    {flowplayer}images/salnes/mobilizacions_agamar.flv{/flowplayer} .

    ..ás catro e media da tarde, na rúa Hórreo de Santiago, diante do Parlamento Galego. AGAMAR, fai coincidir así o primeiro dos seus actos reivindicativos co debate dunha moción no hemiciclo galego, relativa á suspensión das axudas ás mariscadoras de 65 anos, que aínda non conten co tempo preciso para xubilarse.

    Con esta medida, desde a Asociación de Mariscadores queren reivindicar que se restitúa a axuda de subsistencia, que ó seu entender eliminou de xeito silencioso, vergoñento e sórdido a actual Consellería do Mar. Desde esta asociación tachan á titular deste departamento de insensible e cruel cos máis débiles, por obrigar a traballar ás mulleres do mar máis aló dos 65 anos, ata os setenta anos; segundo dispón o Decreto 425/1193, que xa foi considerado noutras ocasións como ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo AGAMAR.

    Desde esta Asociación de Mariscadoras e Mariscadores tamén acusan á Federación Galega de Confrarías de non dar nin un chío ante este asunto; un silencio que non durou moito.

    Desde a Federación Galega comparten o parecer de moitas mariscadoras e da propia Xunta de Galicia de que as que daquela non pagaron non teñan este privilexio arestora.

    De todos xeitos, para evitar casos de desamparo estudiaranse os máis dun cento de casos un a un. Desde a Federación apuntan tamén que estas mariscadoras teñen a posibilidade de volver ós areais, posto que a normativa permítelles seguir traballando máis aló dos 65 anos.

    Redacción Salnés